Copy
Newsletter 1

Máis dun cento de participantes na primeira xornada en liña do proxecto

A presentación oficial do proxecto Fronteira Esquecida Limia-Lima tivo lugar nunha xornada en liña na que se analizaron as claves para o aproveitamento do potencial dos territorios rurais. Diversos relatores expuxeron os retos e as problemáticas ás que se enfrontan os espazos naturais e explicaron as súas propias experiencias de xeración de emprego e riqueza. O evento contou con máis dun cento de participantes. 
Ver aquí todos os vídeos e as presentacións da xornada

En que consiste o proxecto?

Fronteira Esquecida Limia-Lima  é un proxecto destinado a potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e o seu contorno. O obxectivo principal é desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona. Trátase de actuacións coas que identificar, valorizar e promover de maneira coordinada o patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos espazos circundantes ao río. 

Cales son os obxectivos?


Patrimonio protexido

Protexer, valorizar, conservar e desenvolver o patrimonio cultural e natural, como base económica da rexión transfronteiriza.


Crecemento sustentable

Cooperación transfronteiriza para promover a eficiencia de recursos, a prevención de riscos e a conservación do  medio


Potencial turístico

Desenvolver e promover o potencial turístico dos espazos naturais do contorno do territorio transfronterizo do río Limia-Lima.

Cales son as actividades previstas?

PATRIMONIO DO RÍO LIMIA-LIMA

Identificación dos aspectos que conforman o patrimonio material e inmaterial arredor do río, coa finalidade de elaborar un relato histórico conxunto e sentar as bases para a realización das actividades de xestión e promoción conxunta do destino turístico.

REDE TURÍSTICA

Articulación dunha estrutura de xestión transfronteiriza para a xestión coordinada de recursos, servizos e itinerarios turísticos de riqueza patrimonial, cultural e paisaxística e para a comercialización e a promoción conxunta do destino transfronteirizo arredor do río Limia-Lima e que apuntale a súa sustentabilidade futura.

VALORIZACIÓN DO ESPAZO NATURAL E CULTURAL 

Desenvolvemento de actuacións conxuntas no territorio en termos de habilitación, promoción e sinalización e o deseño de rutas e actividades.

LIMIA-LIMA 4.0

Actividades relacionadas coa promoción do destino turístico Limia-Lima a través das novas tecnoloxías (información dos espazos de valor, promoción do destino en redes etc.) que permitan unha interacción constante co visitante.

Ver máis sobre o proxecto
Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020
www.poctep.eu
Facebook
Instagram
Website
Copyright © 2020 Fronteira Esquecida Río Limia-Lima, Todos os dereitos reservados

Podes cambiar as túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp