En que consiste o proxecto?
Fronteira Esquecida Limia-Lima é un proxecto destinado a potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e o seu contorno. O obxectivo principal é desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona. Trátase de actuacións coas que identificar, valorizar e promover de maneira coordinada o patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos espazos circundantes ao río.
|